Inicio arrow Inicio arrow GRANDES NOVEDADES EDITORIALES DE POLAQIA

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
Suscríbete a Polaqia Noticias

GRANDES NOVEDADES EDITORIALES DE POLAQIA - En galego PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Diego   
lunes, 11 de agosto de 2008
Índice del Artículo
En galego
En castellano
· PRIME TIME HOLOCAUSTO, de Álvaro López
· RARA AVIS, de Kike Benlloch e Iván Suárez
· Polaqia SKECTCHBOOK Nº2, de Roque Romero
· BARSOWIA nº12, de 23 autores internacionais

Catro novidades como catro soles estrea o colectivo Polaqia este agosto de 2008. "Prime Time Holocausto" lévanos ao futuro próximo, "Rara Avis" a un tempo pasado pero non lonxano, o "Sketchbook" nº2 preséntanos a arte de Roque Romero e o "Barsowia" nº12 lanza o traballo de dúas ducias de autores.
"RARA AVIS"
de Kike Benlloch e Iván Suárez
Novela gráfica
Col. Rompehielos nº2
76 pp
en castellano
17x24 cm
portada bitono, int b/n
PVP 9,50€

"BARSOWIA"
de Emma Ríos, Brais Rodríguez, Luís Sendón, Iván Serrano, Johnathan Mildern, J M Ken Niimura, Kike Benlloch, David Rubín, Alexis Ziritt, Esteban Hernández, Diego Blanco, Hugo Covelo, Dani Montero, Kosta, Duarte, Xurxo Penalta, Miguel Valverde, Richard Câmara, Jose Domingo, Miquel Rof, Manel Cráneo, Bernal, Carlos Arrojo
Antoloxía
ISSN #1887-6226
100 pp
en galego e portugués
17x24 cm
portada color, int b/n
PVP 6,00 €

"POLAQIA SKETCHBOOK" nº2
de Roque Romero
Libro de ilustraciones
48 pp
12x17 cm
portada bitono, int b/n
PVP 4,50 €

"PRIME TIME HOLOCAUSTO"
de Álvaro Lopez
Monográfico
56 pp
17x24 cm
portada bitono, int b/n
PVP 4,50 €

Rara Avis
 
"Rara Avis" é unha novela gráfica guionizada por Kike Benlloch e debuxada por Iván Suárez. A historia está protagonizada por unha aristócrata, un tatuador, unha cantante e un oficinista. Catro personaxes convencidos, ao se coñecer, de non teren nada en común... mentres as boas ou as malas intencións non lles demostren o contrario.

Prime Time Holocausto

"-¡O que queredes é encherlle a cabeza de merda á xente!
 -Dilo como se fora algo malo"
Unha historia de terrorismo, traballo-lixo, mutacións, descerebre televisivo e violencia catárquica. Xusto o que estabas necesitando.

Este Barsowia é A Proba de Balas
 
Tras unha espectacular portada de Emma Ríos, o "Barsowia" nº12 acolle no seu centenar de páxinas a quince autores galegos facendo cómic a toda candela. E entre os amigos de fóra, chega material fresco dos Estados Unidos, Francia, Portugal e de talentosos autores españois radicados en Valencia, Barcelona, Madrid e Málaga. Continúan series como a de Manel Cráneo "Os mortos de Algures" ou "Euclides Mortem" de Jose Domingo. Estrean historias de 'continuará' os tándens Luís Sendón/Iván Serrano e Duarte/Xurxo Penalta. Ademais, arranca a serialización de historias curtas do universo APB de Emma Ríos, neste número cun relato de David Rubín.

Canto ao xénero, temos de todo: Dramas históricos, cartoons irreverentes, contos para nenos revisados para adultos, relatos líricos, violentas historias futuristas, de ciencia-ficción, experimentais e de humor. Iso si, tanto eclecticismo sempre equilibrado co nivel de calidade ao que os lectores de Barsowia están xa afeitos.

O esperado debut do Paciente R
 
Roque Romero, moi coñecido polo seu blog do Paciente R, é un destacado e orixinalísimo creador que leva en Polaqia desde hai cinco anos. Agora, tomando o relevo do primeiro libro de arte de Miguel Robledo, o seu traballo protagoniza o "Polaqia Sketchbook" nº2, ofrecéndonos unha inimitable explosión de creatividade visual.


Estas novidades estarán á venda na caseta de Polaqia na feira de Viñetas desde o Atlántico a partir do luns 11 a primeira hora da tarde, e a presentación no salón de actos do festival será o venres 15 ás seis da tarde. Esta última correrá a cargo de David Rubín, presidente da asociación cultural Polaqia, e Emma Ríos, membro do colectivo e portadista do Barsowia 12.


E ademais... Calavera

Non esquezades que como vos adiantamos Polaqia colabora co colectivo Calavera Comics dos Estados Unidos. Na caseta do grupo galego tamén poderás adquirir en primicia e exclusiva estes sorprendentes cómics que acaban de chegar do outro lado do Atlántico.

 



 
< Anterior   Siguiente >

Otras publicaciones recientes


Barsowia 14
18 Autores nacionales e internacionales
108 páginas. Portada a color, interior en blanco y negro
Textos en galego


Polaqia Sketchbook 3: Javier Olivares

48 páginas.

Blanco y negro, con capas a bitono


Habitación 13
Recopilatorio de historietas del Jardín Atómico por Álvaro López
Portada a color, interior en blanco y negro
36 páginas

 
Uploader

de Emma Ríos
Color, tamaño A3 (29,7x42 cm)
En papel de calidad

Tirada limitada de 100 ejemplares, numerada y firmada por la autora.


Cazadora de Monstruos
de David Rubín
Color, tamaño A3 (29,7x42 cm)
En papel de calidad

Tirada limitada de 100 ejemplares, numerada y firmada por el autor.

© 2010 Polaqia
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.