|
Página 1 de 2 Pronto, un ano máis, con motivo da celebración do salón do cómic de A Coruña Viñetas desde o Atlántico Polaqia estrea tebeos, tres tituliños máis que se suman á nosa tebeoteca e algunha sorpresiña máis, pronto...
 BARSOWIA #15
Agosto de 2010, 6 euros VV.AA., rústica con lombo, 88 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor. 17x24cm Galego Unha nova entrega da revista de historietas curtas en galego de Polaqia. Con 88 páxinas e 19 autores de Galicia, España e o estranxeiro, o número 15 de Barsowia destila calidad e bo cómic en cada unha das súas historietas. Dende o mundo post-apocalíptico de Diego Blanco en “ O ladrón de zapatos” ás historias ultraterrenais de Manel Cráneo ( en esta ocasión con Kike Benlloch), pasando polo delicado mundo da creación nas respectivas historias de Hugo Covelo e Dylan Horrocks, o culto ó corpo levado ó extremo por Brais Rodríguez, as aventuras fantásticas de “Enzo” por Luis Sendón e Iván Serrano, os pequenos misterios da arqueoloxía en “ A Bicicleta” de Martín Romero ou os problemas creativos de R.E.M., un total de 14 historias agárdante trala preciosa portada que Fernando Iglesias “Kohell”, marcouse ó alimón con Kike Benlloch para este novo número de Barsowia, a máis lonxeva revista de cómic en galego.  POLAQIA SKETCHBOOK #4: JOSÉ DOMINGO
Agosto de 2010, 4,50 euros Rústica con solapas, 48 páxinas, interior en branco e negro, capas en bitono 14x20cm Castelán Este novo volume da colección Sketchbook de Polaqia presenta unha oportunidad única de afondar nas entrañas do proceso creativo dun dos autores galegos de cómic máis versátiles, completos e con talento da actualidade: José Domingo. Percorre as sendas do seu trazo, descobre a xestación dos seus proxectos secretos, adiantos de próximos libros e disfruta da imaxinería única do autor de “Cuimhne” como nunca antes o fixeras. ¡ In-dis-pen-sa-ble! 
PICTORDIARIO por Urbanoscar
Agosto de 2010, 3 euros Capas a color, interior en branco e negro, 14x20cm Galego y castellano A vertente máis desenfadada de Polaqia crece con “Pictodiario”, onde o “slice of life” cobra un novo sentido baixo a óptica de Urbanoscar; fresco, directo, sen complexos, sinceiro, ácido e divertido. Un manual de supervivencia ó tedio e a cotidianeidade, unha das mellores e máis refrescantes lecturas ( e relecturas!) que ningún amante do bo cómic debería perderse salta do seu exitosos soporte web ó papel impreso. Valo perder?
|