Inicio

Formulario de acceso






¿Recuperar clave?
Suscríbete a Polaqia Noticias

Inicio
Carta aberta á Xunta de Galicia PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Polaqia   
martes, 26 de enero de 2010

Estimados Sres.

O presente comunicado ten por motivo a convocatoria das axudas para a creación de banda deseñada en galego para 2010, xa que, dende  a nosa posición e experiencia de nove anos como colectivo de autores-editores de BD, coidamos que as bases para as devanditas axudas incorren en graves erros de plantexamento que desvirtúan o obxectivo das mesmas, que é a creación de banda deseñada en galego, nin máis, nin menos.

Se ben esta convocatoria supón un significativo paso adiante no establecemento da capa de abono tan necesaria para un medio artístico con maísculas que arrastra moitos anos de discriminación e falta de recoñocemento como tal a tódolos niveis, dista moito de ser idónea, posto que non é realista nen consecuente coas particularidades do proceso creativo, da técnica e do método de traballo da banda deseñada.

Por exemplo, atopamos nos requisitos para o acceso ás mesmas que é necesario estar en posesión de un título académico en algunha das titulacións que se enumeran nas bases, tales como Belas Artes, Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Xornalismo, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Filoloxía, graos en Estudos Lingüísticos e Literarios, Tradución e Interpretación e Deseño Téxtil e Moda, así como as seguintes titulacións de FP: Comunicación, Imaxe e Son, Artes Gráficas, Deseño e Ilustración, Patronaxe e Moda.

Este punto, para nós, supón a exclusión automática de un gran número de persoas que poderían optar ás axudas. Sen entrar en consideracións de índole histórica referidas ó gran número de casos na Historia da Arte de importantes artistas de tódalas ramas xordidos dos máis diversos lugares lonxanos ó ámbito académico, queremos facerlles notar que, posto que a banda deseñada non conta nen con estudos propios nen está contemplada de forma fehaciente nos planes de estudo de ningunha das titulacións listadas nas bases da convocatoria, atopamos de facto estéril o filtro académico; Unido a esto, e tamén como consecuencia da inexistencia de estudos propios, a banda deseñada é, dende sempre, por necesidade e por naturaza, unha disciplina profundamente autodidacta.

En resumo, nada nos asegura que un Licenciado en Arquitectura estea menos capacitado para levar a cabo a realización dunha obra de BD que un Licenciado en Xornalismo ou en Literatura comparada, polo cal, a elección das titulacións “aptas” seméllanos errática e desvinculada da realidade do medio. Licenciado en Arquitectura é, por certo, Miguelanxo Prado, un dos máis recoñecidos representantes da BD galega.

Por outra banda, é inevitable entrar en comparacións: as axudas á creación audivisual carecen deste tipo de filtro, o que ven a decir que calquera persoa pode escribir un guión ou filmar unha curtametraxe. Se isto é así para o medio audiovisual, por qué non debería ser igual na banda deseñada?

Seguindo por orde, atopamos o ponto cuarto das bases, no que se estipula o prazo de presentación das solicitudes e o material que as mesmas deben conter para ser tidas en conta. Un mes é, a todas luces, un tempo insuficiente para a preparación do material requerido, que é bastante. E novamente detectamos un descoñecemento dos procesos do medio ó requerir un guión técnico completo ou ben o storyboard da obra e, pola contra, apenas pedir unha sinopse argumental dunha páxina.

Na creación dunha BD, o storyboard ou o guión técnico é un proceso intermedio do fluxo de traballo e, sobre todo, trátase dunha fase moi orgánica do proceso que está suxeita a moitas modificacións a medida que se avanza no traballo. É, ademáis, o esqueleto da obra, non un paso previo á súa creación, e como tal, precisa dun especial coidado e mimo na súa elaboración. É, por último, unha ferramenta moi personal que é abordada das máis diversas formas polos autores, dende o mero garabato conceptual ó máis elaborado, ou incluso, prescindindo del en obras que poidan deixar máis espazo á improvisación

Con esta explicación só pretendemos salientar que o storyboard non é, como sí sucede na animación, un documento estipulado en estructura e forma na creación dunha BD que, como tal poda presentarse e que apareza invariablemente en tódolos proxectos de banda deseñada.

Cousa que sí pode supor unha sinopse do argumental extensa, que nos parece máis adecuado como documento a presentar en unhas axudas desta índole. De tódolos xeitos, e sen facer máis cábalas ó respecto, un mes de prazo é materialmente demasiado curto para desenrolar tan extensamente o que quizáis neste intre poida ser tan só unha idea sen unha soa liña plasmada no papel.

Por último queremos referirnos o noveno ponto das bases, que establece a natureza da axuda, na nosa opinión alonxándoa do que sería unha axuda á creación para convertela máis ben nunha subvención á producción dunha banda deseñada. Ó noso entender, o fomento da creación de BD debería estar orientado a permitir ós autores que pretendan desenvolver un proxecto longo de cómic poidan dispor do apoio económico da axuda para se poder permitir a dedicación completa durante un bo periodo de tempo ó desenrolo do proxecto sen teren que depender enteiramente doutros ingresos monetarios, cousa que sí sería posible cunha subvención a fondo perdido.

A necesidade de xustificar os gastos seméllanos máis óptima para axudar á producción editorial das obras, permitindo editar mellor as obras, cousa tamen necesaria, que axudaría a expandir ó pequeno mercado da BD galega con libros de maior calidade.

A modo de despedida, queremos salientar de novo que cremos que esta convocatoria era necesaria e moi reclamada no ámbito da BD, que axuda ó expandimento dun medio artísitico que tantas persoas en Galicia amamos e é, precisamente polo que nos sentímos na obriga de facer as puntualizacións que esta carta contén, porque queremos que, houbendo unha iniciativa tan favorable por parte da administración, se empañe por mor de coxeiras que, dende fora e sobre o papel, quizáis non semellan tan determinantes como son de feito.

A vontade de Polaqia non pode estar máis lonxe da mera pataleta; máis polo contrario, o que desexamos é que este tipo de convocatorias prosperen na dirección máis idónea para o banda deseñada e os seus creadores.

Agradecendo de antemán a súa atención, reciban un cordial saúdo.

 

 
Polaqia en Achegarte: Cómics e talleres PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Diego   
miércoles, 25 de noviembre de 2009
 ACHEGARTE será esta fin de semana un punto de encontra da industria cultural galega. Nela poderedes coñecer e disfrutar das últimas tendencias das artes plásticas, musicais, audiovisuais, editoriais... e como non do cómic.

Polaqia contará cun stand no Palexco, no que poderedes encontrar as últimas novidades do colectivo.

Ademais un par de membros de Polaqia (máis concretamente: Diego Blanco e José Domingo) impartirán talleres de comic para todos os pequenos e grandes que queiran achegarse.

Asi que xa sabedes. Se queredes participar podedes facelo a sábado e o domingo a partir das 11:00. ¡Animádevos!

Se queredes máis info podedes descargar o PDF do programa de Achegarte en http://acorunacultura.org/files/2009/11/ARTE_FINAL_PROGRAMA.pdf
 
Reseñas PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Polaqia   
jueves, 17 de septiembre de 2009


El corazón de los árboles en La Cárcel de Papel

Barsowia 14 en Francotirador

"El Corazón de los Árboles" en "Calle 20"

Sketchbook 3 en Francotirador


Leer más...
 
Polaqia en fiestas PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Polaqia   
martes, 11 de agosto de 2009
Ya ha comenzado Viñetas desde o Atlántico. Como sabreis podeis encontrar el Stand de Polaqia con las novedades en los Jardines Méndez Nuñez, en la caseta 41.
 
Además de invitaros a todos a pasaros por allí, donde os atenderá un humilde polaqo, queremos invitaros a todos a la Fiesta Polaqia-Astiberri. Como otros años habrá Polaqos, Astiberrios, regalos, mucha cerveza y toneladas de Diversión:
 
 La fiesta tendrá lugar en A CÁPSULA DO TEMPO el viernes 14, a partir de las 0:00, en la calle Miguel Servet número 12, Montealto, A Coruña (Ver mapa ).
 ¡¡Allí os esperamos!!!
 
Y para ir calentando motores, una recomendación polaqa:
El Jueves 13 Fiesta Carne Líquida en el Pánico, en la calle Orzán 87, a partir de la 0:00

 
Adelanto de Barsowia 14 PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Diego   
jueves, 06 de agosto de 2009

Xa podes votar unha ollada rápida ó Barsowia 14:

No stand de Polaqia en Viñetas desde o Atlántico  e pronto en distribución para toda España.

Leer más...
 
Adelanto de Polaqia Sketchbook 3 PDF Imprimir E-Mail
Escrito por Diego   
jueves, 06 de agosto de 2009

Y también ya puedes hecharle un vistazo a algunas páginas del librillo de Bocetos de Javier Olivares.

 

A la venta en el stand de Polaqia en Viñetas desde el Atlántico.

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 6 de 49

Novedades Agosto


Barsowia 14
18 Autores nacionales e internacionales
108 páginas. Portada a color, interior en blanco y negro
Textos en galego


Polaqia Sketchbook 3: Javier Olivares

48 páginas.

Blanco y negro, con capas a bitono


Habitación 13
Recopilatorio de historietas del Jardín Atómico por Álvaro López
Portada a color, interior en blanco y negro
36 páginas

 
Uploader

de Emma Ríos
Color, tamaño A3 (29,7x42 cm)
En papel de calidad

Tirada limitada de 100 ejemplares, numerada y firmada por la autora.


Cazadora de Monstruos
de David Rubín
Color, tamaño A3 (29,7x42 cm)
En papel de calidad

Tirada limitada de 100 ejemplares, numerada y firmada por el autor.

Novedades Mayo

Barsowia nº13, VV.AA.
108 páginas, Interior en blanco y negro
Portada a color, 6 euros.

"El Corazón de los Árboles", Miguel B. Núñez, Colección Rompehielos nº3
80 páginas, portada a color, interiores B y N, rústica con solapas, 12 euros.

© 2010 Polaqia
Joomla! es Software Libre distribuido bajo licencia GNU/GPL.